top of page

I CONGRESO INTERNACIONAL e III XORNADAS DE EDUCACIÓN SOCIAL E ESCOLA. UNHA ANÁLISE DA ÚLTIMA DÉCADA

NORMAS XERAIS PARA COMUNICACIÓNS/PÓSTERS

A presentación de traballos por parte das persoas asistentes supón unha participación activa das mesmas, as cales, poderán dar a coñecer os resultados de traballos de investigación  e experiencias relacionadas coa Educación Social e a Escola.

 

O prazo de presentación amplíase ó 15 de xuño de 2016 (resumo).

O prazo de presentación do texto completo remata o 15 de xullo de 2016.

 

Os traballos remitidos deberán cumprir a seguinte normativa para ser admitidos:

 

1. Os traballos deben pertencer a calquera das áreas relacionadas coas temáticas do congreso de Educación Social e a Escola:

  • Normativa relacionada.

  • Concellos, educación social e escola.

  • Formación inicial  e continua.

  • Axentes educativos, educación social e escola.

  • Outros.

 

2. Só se aceptarán contidos orixinais. Os traballos deben ser inéditos e non poderán ser presentados anteriormente noutros congresos ou publicados nalgunha revista científica.

 

3. Os traballos acreditaranse como propiedade das autoras ou autores; para iso presentarán unha declaración xurada ó respecto (Anexo II). Calquera conflito de intereses en relación co traballo enviado debe ser comunicado á organización.

 

4. Para poder presentar unha comunicación/póster é imprescindible que todas as persoas autoras estean inscritas no I Congreso Internacional / III Xornadas de Educación Social e Escola.

 

5. O texto do resumo e a presentación en calquera dos formatos (comunicación oral ou póster) realizarase en lingua galega, inglesa, portuguesa ou castelán (Anexo I). A extensión das comunicacións será dun máximo de 5.000 palabras e terá que incluír un resumo dun máximo de 300 palabras, contemplando os seguintes datos:

  • Título da comunicación

  • Datos da autoría, institución, correo electrónico

  • Referencia ás necesidades técnicas (vídeo, retroproxector, ordenador, etc.)

  • Tipo de letra Times New Roman, interliñado simple, marxes superior e inferior 2,5; esquerda e dereita 3.

  • Non se permite incluír encabezamento e notas de pé de páxina. A norma para as Referencias bibliográficas e citas debe ser a 6ª edición da APA (AmericanPsychologicalAssociation). As citas serán integradas no texto dacordo con o sistema autor/a-data. En caso de citas textuais incluír o número da páxina.

 

6. Os pósters presentaranse en formato .pdf segundo a plantilla axunta (Anexo III).

 

7. A proposta de comunicación/póster deberá ser enviada á Secretaría Técnica do Congreso: st.edusoescola@ceesg.org, xunto coa ficha técnica (Anexo I) e a declaración xurada de propiedade intelectual (Anexo II), antes do 15 de XUÑO de 2016.

 

8. As comunicacións enviadas serán examinadas polo Comité Científico que decidirá sobre a súa aceptación e a súa publicación no Libro de Relatorios do Congreso tras comunicación ás autoras e autores. Serán informadas/os sobre a aceptación do seu traballo antes do 30 de XULLO de 2016.

 

9. Expedirase certificado acreditativo a aquelas persoas que presentasen comunicación/póster, sempre que o soliciten, no prazo dun mes desde a finalización do Congreso.

 

10. Non se aceptarán traballos que non se acomoden a esta normativa.

FORMATO descargable

bottom of page