top of page

 

 

 

 

 

 

 

  • O primeiro obxectivo será continuar analizando a figura da educadora/or social no ensino e a súa valoración dende o eido profesional e escolar.  Así mesmo, reflexionaremos como é percibido o noso traballo por outros axentes.

 

  • Queremos  coñecer  a realidade noutros territorios do Estado, especialmente  naqueles que teñen maior experiencia e, por suposto, en territorios irmáns como Portugal.

 

  • Trataremos de presentar a figura profesional da educadoras e o educador social ás administracións públicas para que analicen o xeito de implantala no sistema educativo galego.

 

  • Coñeceremos o que se está a facer no ámbito local da nosa Comunidade coa presentación de experiencias que se están desenvolvendo.

 

  • Presentaremos obradoiros que faciliten as aprendizaxes e o manexo, dun xeito práctico, no contexto de intervencións e accións de calidade no ámbito escolar regrado.

 

  • Compartiremos experiencias, inquedanzas e saberes a través de exposicións e comunicacións.

 

  • Coñeceremos os diferentes  modelos de traballo que se están a desenvolver entre Educadoras e Educadores Sociais e o profesorado, tanto en Galiza como noutras comunidades ou no País Veciño.

 

  • Faremos visible ás empresas, entidades, medios de comunicación e sociedade en xeral a relevancia da figura profesional da Educación Social neste ámbito.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este congreso vai dirixido moi especialmente a profesionais do Ensino e da Educación Social con vontade de traballo conxunto.

 

A estudantes e profesorado universitario das facultades de Educación Social e Maxisterio nas que nos atopamos e coas que colaboramos.

 

A outras/os profesionais e entidades relacionadas co mundo educativo (AMPAS, entidades do terceiro sector..) interesadas en mellorar a calidade do sistema educativo.

 

Persoas doutras comunidades con desexo de compartir e intercambiar experiencias.

 

Técnicos/as de administracións, especialmente corporacións locais implicadas en políticas educativas.

 

Medios de comunicación e sociedade en xeral preocupados pola mellora do sistema educativo galego.

bottom of page