Educadoras/es Sociais á Escola?
O rol das/os educadoras/es sociais para responder aos retos escolares.
Cal é a realidade da educación social no contexto escolar en Cataluña?
Que pode achegar o educador/a social nun centro educativo de alta complexidade?
E nun centro educativo con menos complexidade, tamén ten sentido o rol do educador social?
Cales deberían ser as funcións do educador/a social dentro dun contexto escolar?
Cales son os programas e modelos con máis potencialidade no futuro?
Como se articula o traballo interdisciplinar nos centros educativos?
Como superar a idea do educador/a social como un recurso de substitución e de reforzo dentro do centro educativo?
Estas son algunhas das cuestións abordadas nas recentes Xornadas da Fundación Jaume Bofill en BCN.
Coa participación dos/as educadores Miquel Castelo, Elisabeth Arpal e Jaume Funes, ademas de Victor Pérez, director Instituto Peré Alsius (Banyoles)
(texto extraído de Educablog)